Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Novo vídeo corporativo e renovada galería fotográfica de Tecnópole

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Tecnópole acaba de aloxar na plataforma multimedia Vimeo o seu novo vídeo corporativo e de renovar a súa galería fotográfica en Flickr incorporando imaxes aéreas e da actividade desenvolvida en empresas e centros tecnolóxicos.

    O novo vídeo corporativo de Tecnópole fai un percorrido completo por todos os aspectos relevantes da actividade da entidade Parque Tecnolóxico de Galicia e das súas empresas e centros tecnolóxicos. En pouco máis de doce minutos, preséntase de forma dinámica todo o que calquera debería saber para ter unha idea xeral e moi completa de que é Tecnópole e que servizos ofrece.

    A renovación da galería fotográfica supuxo a incorporación de máis dun centenar de imaxes entre as que destacan as aéreas. O Centro Experimental de Enerxías Renovables (xa co seu aeroxerador instalado), o Laboratorio da Lanzadeira de Empresas de Biotecnoloxía e os laboratorios e plantas de produción de empresas e centros tecnolóxicos centran a temática das fotografías, dispoñibles para descarga dende a plataforma Flickr baixo unha licenza Creative Commons.

    Fonte: TecnópoleNews

Pe de paxina