Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Novo número da revista "Investigación", editada polo Consello Social da UVIGO e Caixanova

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O terceiro número da revista Investigación ofrece unha nova mostra do traballo científico realizado na Universidade de Vigo en todos os ámbitos do coñecemento. Con este obxectivo de divulgación naceu esta publicación en maio de 2009 de man do Consello Social da Universidade coa vista posta en converterse en vínculo de unión entre sociedade e Universidade ofrendo un medio para trasladar á cidadanía os coñecementos e o I+D+i que se xera nos campus.

    Neste terceiro número a revista inclúe un editorial de Emilio Fernández, comisionado do Campus do Mar, sobre unha iniciativa que el define como “un proxecto para xestionar o presente e soñar o futuro”.

    Máis info en: http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=3861&Itemid=51

    Fonte: DUVI

Pe de paxina