Monografía sobre a tradución de textos científicos didácticos e divulgadores

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, Carlos Garrido, acaba de publicar a monografía A Traduçom do Ensino e Divulgaçom da Ciência. O libro, editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, trata segundo explica o autor “de explorar os fundamentos teóricos e metodolóxicos e trazar o perfil esencial dunha modalidade tradutiva que na actualidade se reviste de gran relevancia social” que inclúe xéneros textuais “tan significativos” como o manual didáctico, o artigo enciclopédico,o libro de divulgación, o artigo xornalístico divulgador e o documental cinematográfico ou televisivo". Fonte: DUVI

Pe de paxina