Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Novas películas de debuxos animados no portal Kids CSIC

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • "Descubrindo o electromagnetismo" e "Os guisantes informan" son as dúas novas películas de debuxos animados que o portal Kids CSIC acaba de estrear. Destinadas ao público infantil, ambas tratan de explicar contidos científicos complexos mediante personaxes atractivos e o uso dunha linguaxe sinxela.

    A primeira pretende que os nenos e nenas descubran os experimentos de Oersted e Ampere que levaron á unión do magnetismo e a electricidade, mentres que "Os guisantes informan" describe os traballos que realizou Gregor Mendel con plantas de guisante e que lle levaron a enunciar as leis que fundamentan a xenética.

    Ademais dos audiovisuais, os usuarios teñen á súa disposición novas biografías de científicos, guías para docentes e pais e outros recursos didácticos.

    Creado e dirixido polo grupo O CSIC na Escola, Kids CSIC é un portal destinado a todos os nenos e nenas interesados por aprender ciencia dunha maneira divertida, concretamente mediante películas de debuxos animados e xogos sobre experimentos científicos.

    Podes acceder ao portal na seguinte ligazón: http://www.kids.csic.es/index.html

Pe de paxina