Libro La magia de la química, prácticas de laboratorio para Secundaria e Bacharelato

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O grupo "A Maxia da Química" vén de publicar un libro en formato dixital que recolle algunhas prácticas de laboratorio pouco habituais, chamativas, que amosan aspectos como aparición de cores, pequenas explosións e montaxes orixinais. É o primeiro dunha serie que recopilará todas as experiencias que o grupo presentou en diferentes foros.
    Está especialmente dirixido a profesores de Física e Química, aínda que tamén é axeitado para alumnos de Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Universitarios. Nel están os guións completos das prácticas  (11 en total), ademais de aplicacións didácticas de todas elas, adecuadas a distintos niveis e, dado que está nun formato interactivo, recolle en video todas as experiencias, conta con moitas fotos, enlaces relacionados, test de autocorrección, explicacións de conceptos de química básica, un glosario e as indicacións de seguridade que se deben ter en conta na execución no laboratorio.

    Pódese adquirir aquí: https://itunes.apple.com/us/book/la-magia-de-la-quimica/id809815776?l=es&ls=1&mt=11   

     

     

Pe de paxina