Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Climantica

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Climántica é un proxecto da Xunta de Galicia froito do traballo en equipo levado a cabo por diferentes expertos e que se iniciou en setembro de 2006. O equipo Climántica consta de catro grupos de traballo –didáctica, edición gráfica, multimedia e asesoría científica – que traballan coordinados mediante o uso dunha plataforma colaborativa situada na intranet da web do proxecto.

    A parte de Climántica que está dirixida aos alumnos de secundaria expón –ao longo de oito unidades didácticas, os grandes problemas ambientais, á vez que os relaciona co cambio climático a nivel global. Todas as unidades foron deseñadas para que a súa aplicación nas diferentes áreas, materias e módulos da ensinanza secundaria resulte interesante, sinxela e eficaz. Tamén hai produtos que van dirixidos ao ensino primario, deseñados nun marco máis lúdico e próximo á fantasía infantil – cómics, series de curtos de animación 3D, videoxogos – e outros para a cidadanía en xeral como blogs na web, documentais e revistas.

    Moi interesante

Pe de paxina