Informe anual sobre actividades de I+D na UE en 2009

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Comisión Europea vén de publicar o seu informe anual sobre actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico da Unión Europea en 2009. O Informe divídese en dúas partes principais: os logros do Espazo Europeo de Investigación (ERA), e os logros do 7 º Programa Marco (7PM).

    Na primeira parte, dase unha explicación sobre como se están aplicando as cinco iniciativas do ERA: os investigadores, a programación conxunta, as infraestruturas de investigación, cooperación internacional e a transferencia de coñecementos.

    Na segunda parte, apórtase unha revisión da situación da aplicación do 7PM e o programa de traballo 2010. Ademáis, tamén se da información sobre as iniciativas de asociación público-privada, tales como as plataformas tecnolóxicas europeas ou das iniciativas tecnolóxicas conxuntas.

    O informe conclúe cunha perspectiva para o ano 2010, tendo en conta os compromisos da Estratexia de Europa 2020.

    Fonte: Oficina Europea do MICINN

    Descargar o arquivo
Pe de paxina