16/11/16 - Dentro dos premios Constantes y Vitales, de La Sexta e Fundación AXA

Miguel López gaña o premio Talento Novo en Investigación Biomédica

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O investigador do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) da Universidade de Santiago de Compostela Miguel López vén de ser recoñecido a nivel nacional como Talento Novo en Investigación Biomédica na II Edición dos Premios Constantes e Vitais, unha campaña de responsabilidade corporativa lanzada pola cadea de televisión laSexta en colaboración coa Fundación AXA para poñer en valor, apoiar, potenciar e fortalecer o labor investigador dos científicos españois no ámbito da biomedicina.

    A concesión deste premio, que financiará con 100.000 euros as liñas de investigación do grupo NeurObesidade no CiMUS, é un recoñecemento á traxectoria de Miguel López polas súas contribucións no eido da bioloxía molecular da obesidade e a súa fisioloxía, en particular polos seus estudos para comprender mellor os mecanismos hipotalámicos que regulan a inxesta de alimentos e o gasto enerxético, con especial interese no papel do metabolismo lipídico neuronal.

    Fonte: CIMUS

Pe de paxina