20/10/16 - Xunto a outros catro museos

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

O proxecto Internacional World Biotech Tour escolle a Domus como unha das súas sedes a nivel mundial

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O proxecto World Biotech Tour é unha iniciativa da Fundación Biogen, co respaldo da ASTC (Asociación de Centros de Ciencia e Tecnoloxía), que ten como obxectivo divulgar temas relacionados coa biotecnoloxía en museos e centros de ciencia.

    A Domus-Museos Científicos foi seleccionada para acoller as actividades do World Biotech Tour que se desenvolverán entre abril e maio de 2017 na Coruña, cun festival de 3 días no museo e outras actividades externas.

    Xunto á Domus, foron seleccionados para o World Biotech Tour 2017 o museo Copernicus de Varsovia, o Heureka de Finlandia, o Museu dá Vida de Río de Janeiro, e o Sci-Bono Discovery Centre de Johannesburgo.

    Fonte: Museos Científicos Coruñeses

Pe de paxina