20/10/16 - Galardoados comunicadores de Catalunya Radio, Dominical e Axencia SINC

Resólvese a V edición do Premio ASEBIO de Comunicación e Divulgación da Biotecnoloxía

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O xurado da V Edición do Premio ASEBIO de Comunicación e Divulgación da Biotecnoloxía, patrocinado por Oryzon Genomics, MSD e Roche, elixiu tres traballos de comunicadores que desenvolven a súa actividade en Catalunya Radio, Dominical e Axencia SINC como os gañadores da quinta edición deste premio.
    Na Categoría televisión e radio, o traballo gañador, cunha dotación económica de 1.500 euros, foi a reportaxe "Pomma Medicamento Regenerativa", de Purificació Barceló Abad, de Catalunya Ràdio no programa La poma de Newton.
    Na Categoría de prensa escrita, o traballo gañador, cunha dotación económica de 1.500 euros, foi a reportaxe "Érase una vez un mundo nano", de Olga Margarita Fernández Castro, publicado en Dominical, suplemento de El Periodico de Cataluña.
    Na Categoría prensa dixital e novos medios, o traballo gañador, cunha dotación económica de 1.500 euros, foi a reportaxe, "El dilema del genoma post mortem", de Laura Chaparro Dominguez, publicado en Axencia SINC.
    Ademais, o Premio Honorífico outorgouse a José Manuel López Nicolás por unanimidade, pola súa traxectoria no mundo da divulgación científica, e en concreto, no campo da biotecnoloxía.
    O xurado estivo composto por Antonio Calvo, presidente da Asociación Española de Comunicación Científica; Isabel García, directora de operacións de ASEBIO; Miguel Ángel Quintanilla, director do Instituto Universitario de Estudos sobre a Ciencia e a Tecnoloxía da Universidade de Salamanca; Emilio Muñoz, ex presidente do CSIC, presidente do Comité Científico de ASEBIO e gran divulgador; Óscar Menéndez, xornalista, conferenciante e experto en comunicación 2.0, organizador de Ciencia en redes e Juan Pablo Ramírez, expresidente da Asociación de Comunicadores de Biotecnoloxía (AcB) e redactor xefe de Gaceta Médica.

    Fonte: ASEBIO

Pe de paxina