19/10/16 - A eficiencia enerxética e a saúde bucodental centran os proxectos

A Real Academia Galega de Ciencias concede os Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2016

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, vén de facer pública a resolución do xurado dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2016. O obxectivo deste galardón é recoñecer as mellores prácticas de transferencia de coñecemento procedente dos organismos de investigación ao tecido produtivo.

    A eficiencia enerxética e a saúde bucodental son os temas centrais dos proxectos galardoados. O galardón ao mellor caso de éxito empresarial de transferencia de tecnoloxía para grandes empresas é para Reganosa pola aplicación do software desenvolvido pola USC para optimizar a rede de transporte de gas natural. Na categoría de pemes, recoñécese o traballo de Evasa no desenvolvemento de novos materiais para a redución do consumo enerxético na industria do vidro laminado. O premio ao mellor traballo desenvolvido por un grupo de investigación aplicada recae nunha vía alternativa aos tratamentos con antibióticos contra a carie e a periodontite.

    Os galardóns serán entregados nunha cerimonia que terá lugar proximamente en Santiago de Compostela.

    Fonte e máis información: RAGC

Pe de paxina