11/10/16 - Convocados por GCiencia e Banco Pastor

Galchimia e Allgenetics gañan os premios Galicia Spin-off

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Representantes das empresas AllGenetics, Galchimia e Lupeon recolleron onte en Vigo os galardóns que as distinguen como gañadoras e finalista da segunda edición dos Premios Galicia Spin-off, uns galardóns convocados polo Banco Pastor e o portal de ciencia GCiencia para distinguir os proxectos empresariais máis relevantes vinculados ás universidades galegas. AllGenetics recibiu o premio no apartado de Idea Emerxente, que premia a iniciativa máis innovadora. Creada en 2011 e especializada na área do xenoma e vinculada á Universidade da Coruña, entre os seus méritos figura ser a primeira empresa do mundo que pon as técnicas de análise do xenoma ó servizo de empresas do sector de Ecotoxicoloxía. Nesta mesma categoría a finalista foi Lupeon, empresa dedicada á impresión 3D baixo demanda creada en 2013 por dous alumnos da Universidade de Vigo. Por último, no apartado Selo de Calidade, que distingue á empresa innovadora máis consolidada, a gañadora deste edición foi a compostelá Galchimia, unha compañía que neste mes de outubro celebra os 15 anos de existencia. Foi creada por dous químicos procedentes da Universidade de Santiago, que ao longo dos anos conseguiu converterse en líder español no sector de Química Orgánica Sintética.

    Fonte: GCiencia

Pe de paxina