07/10/16 - O equipo está formado por doce dos máis brillantes científicos españois

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Carmen Martínez, investigadora da Misión Biolóxica, foi elexida para a Selección Española de Ciencia

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A directora do Grupo de Viticultura na Misión Biolóxica do CSIC en Galicia, Carmen Martínez, foi seleccionada pola revista QUO e o CSIC para formar parte da Selección Española da Ciencia 2016. O resto do equipo está composto por: Francisco J. Martínez Mojica, microbiólogo da Universidade de Alacant e candidato ao Nobel polas súas achegas ao desenvolvemento da tecnoloxía CRISPR; Pedro Cavadas, cirurxián plástico especialista en transplantes; Mariano Barbacid, bioquímico no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO); Susana Marcos, directora do Instituto de óptica Daza de Valdés do CSIC; Alberto Ruiz Jimeno, fundador do grupo altas enerxías do IFCA; Laura M. Lechuga, profesora de investigación do CSIC no Instituto de Nanociencia e Nanotecnoloxía catalán; José Manuel Galán, exiptólogo e impulsor do proxecto Djehuty; Juan José Gómez Cadenas, investigador do CSIC no IFIC e director do experimento Next; Mariano Esteban, Presidente da Real Academia Nacional de Farmacia e investigador do CSIC;  Mara Dierssen, investigadora do Centro de Regulación Xenómica de Barcelona; Miguel Delibes de Castro, investigador na Estación Biolóxica de Doñana; e Manel Esteller, director do programa de Epigenética e Bioloxía do IDIBELL.

    Fonte: GCiencia

Pe de paxina