07/10/16 - Conta cunha sección de ciencia e tecnoloxía asesorada por científicos

Nace o xornal "O papagaio" para nenos e nenas de primaria e secundaria

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O xornal Praza Pública anuncia o nacemento do xornal O papagaio, dirixido especialmente para nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Este novo xornal ten periodicidade mensual (dez números ao ano, descansando no verán), 12 páxinas a toda cor e publícase integramente en galego. Impulsado por Edicións moito conto, ademais dos temas de actualidade, presta unha atención especial á ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e banda deseñada. O primeiro número xa está dispoñible na rede e ofrécese a posibilidade de subscribirse de xeito anual.

    No tocante á sección de ciencia e tecnoloxía, está asesorada por científicos/as e presentada polo personaxe de Simio o científico.

    Fonte e máis información: Praza Pública

     

Pe de paxina