06/10/16 - Xunto a outras 24 universidades

A UVIGO participa no proxecto audiovisual de divulgación científica "La universidad responde"

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Vintecinco universidades de toda España, entre elas a de Vigo, participan no proxecto La universidad responde cuxo obxectivo é pór a disposición da sociedade unha serie de microespazos en formato vídeo nos que un representante da comunidade universitaria responde unha pregunta de interese xeral. Para a segunda edición deste programa, a Universidade Vigo elaborou dez pezas audiovisuais de algo máis un minuto nas que docentes de diferentes áreas achegan respostas a preguntas como: Que é o fitoplancto?; Rouban postos de traballo os robots industriais?; Que son os paraísos fiscais?; De que depende a pendente dunha praia?; Cantas cousas caben na nube?; Que é o raccord?; Pódense escoitar as cores?; Por que existen as flores?; Que é o TTIP? e Falan os animais igual en inglés que en español?

    Ademais da plataforma propia de La Universidad Responde, cada unha das universidades participantes pode publicar e difundir estes vídeos a través dos seus propios repositorios e plataformas audiovisuais.

    Fonte: DUVI

Pe de paxina