06/10/16 - No centenario do seu nacemento

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

O IEO publica a biografía da oceanógrafa Ángeles Alvariño

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Ángeles Alvariño, nacida en Serantes (Ferrol) en 1916, foi a primeira investigadora mariña española de relevancia internacional. Para conmemorar o centenario do seu nacemento, o Instituto Español de Oceanografía (IEO) publicou a súa biografía, que leva por título Ángeles Alvariño González, investigadora marina de relevancia mundial obra de Alberto González-Garcés, investigador do centro de Vigo. A obra pode descargarse de forma gratuíta neste enlace. Nela faise un percorrido pola traxectoria da científica que comezou a súa carreira no IEO, onde estivo entre 1948 e 1957, antes de partir ao Reino Unido e os Estados Unidos, onde traballou na Scripps Institution of Oceanography (1958 – 1969) e no Southwest Fisheries Research Center (1970 – 1987). Faleceu en 2005 en La Jolla (California).

    Fonte e máis información: GCiencia

Pe de paxina