21/09/16 - Na décima edición deste premio

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

A catedrática de matemática aplicada Peregrina Quintela recibirá o Premio María Josefa Wonenburger

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O pleno da Unidade de Muller e Ciencia designou na súa reunión do pasado 16 de setembro á premiada deste ano co Premio María Josefa Wonenburger Planells 2016. Nesta edición, o premio recaeu na catedrática de matemática aplicada da USC, Peregrina Quintela Estevez.

    A Xunta creou este premio, que cumpre o seu décimo aniversario, para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, un compromiso asumido por parte do Goberno galego dende a Secretaría Xeral da Igualdade. Dende a súa creación, foron merecedoras deste recoñecemento mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía, mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron e abrirán camiños a moitas outras.

    A premiada nesta edición é Peregrina Quintela Estevez, que é catedrática de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, especializada en modelado matemático, análise matemático e simulación numérica en modelos de física, enxeñaría e ciencias aplicadas. Durante a súa carreira combinou a dedicación á ensinanza, investigación e a transferencia de coñecementos e a xestión.

    Fonte: Xunta de Galicia

Pe de paxina