15/09/16 - É catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña

O economista José Ramón Cancelo ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O profesor José Ramón Cancelo de la Torre ingresou onte, 14 de setembro, como académico numerario na Real Academia Galega de Ciencias, co discurso "La crisis de la eurozona: una historia dedesequilibrios y asimetrías".
    Cancelo licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago e doutorouse na Universidade Autónoma de Madrid, con Premio Extraordinario. Tras o seu paso, como profesor, polas Universidades Autónoma de Madrid e de Castilla la Mancha, actualmente é Catedrático no Departamento de Economía Aplicada II (Facultade de Economía e Empresa) da Universidade da Coruña. Participou nun elevado número de Proxectos e Contratos de Investigación, interveu nun gran número de Congresos nacionais e internacionais e publicou un medio centenar de traballos, varios capítulos de libros e varios libros, un deles sobre a Economía de Galicia.

    Fonte: RAGC

     

Pe de paxina