14/09/16 - Organizados polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Teleco

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Dan a coñecer os galardoados nos Premios Galicia de Telecomunicacións

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (COETG-AETG) veñen de dar a coñecer os galardoados nos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2016, que serán entregados no transcurso da XXI Gala das Telecomunicacións o vindeiro 30 de setembro na Illa da Toxa.

    O Premio Enxeñeiro Gerardo García Campos á mellor iniciativa empresarial no sector TIC foi para Monet Viticultura, pola "introdución das novas tecnoloxías da información en sectores onde aportan valor a procesos tradicionais, e pola súa aplicación a mercados amplos".

    O Premio Gradiant á mellor tese doutoral aplicada ao sector TIC recaeu en Beatriz Remeseiro López, por Avances na diagnose do síndrome de ollo seco: desenvolvemento de métodos automáticos para a avaliación de patróns na capa lípida da película lacrimal.

    O Premio Ineo ao produto ou servizo TIC máis innovador de 2016 foille concedido a EGATEL S.L. polo proxecto Smart LNB, polo "carácter innovador do uso eficiente das capacidades de transmisión de datos vía satélite".

    O Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais, outorgado en colaboración coa axencia AMTEGA, recaeu en EOSA, pola creación de INclue, sistema tecnolóxico innovador para a valoración técnica da exclusión social en base a criterios homoxéneos.

    O Premio Acuntia á empresa galega que aposta polo desenvolvemento de infraestruturas intelixentes de telecomunicacións, concedéuselle ao Real Club Celta de Vigo, por "liderar o desenvolvemento de sistemas tecnolóxicos que complementan ós partidos de fútbol e que favorecen a implicación dos afeccionados".

    O Premio ao Mellor expediente académico do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo foi para Daniel Rodríguez Domínguez.

    Por último, o Premio Enxeñeiro do Ano outorgado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia recaeu en César Mariñas Dávila, pola "súa traxectoria en postos de responsabilidade en diferentes empresas do sector TIC e no exercicio libre da profesión”.

    Fonte: Código Cero

     

Pe de paxina