06/09/16 - Os beneficiarios das Starting Grants son José Tubío e Carlos Gómez

Investigadores galegos consiguen outras dúas bolsas do ERC

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Dous investigadores galegos veñen de captar dúas bolsas Starting Grant do European Research Council (ERC). Dotadas con 1,5 millóns de euros perseguen permitir a investigadores mozos que desenvolvan os seus propios proxectos.

    Por un lado, o profesor da Universidade da Coruña Carlos Gómez Rodríguez desenvolverá nos próximos cinco anos o proxecto FASTPARSE (“Análise sintáctica rápida de linguaxe natural para procesado a gran escala”, nas súas siglas en inglés).

    Por outro lado, o investigador do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía e contratado Ramón y Cajal da Universidade de Vigo, José Tubío, estudará o cancro transmisible en animais mariños.

Pe de paxina