06/09/16 - Fundación AstraZeneca e o Instituto de Saúde Carlos III convocan os premios

Dous científicos galegos elexidos entre os mellores investigadores mozos

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Dous científicos galegos veñen de ser recoñecidos entre os catro mellores investigadores mozos polos premios Jóvenes Investigadores da Fundación AstraZeneca en colaboración co Instituto de Saúde Carlos III. Os galardoados son Rubén Nogueiras, director do grupo de Metabolismo Molecular no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) da Universidade de Santiago de Compostela e Miguel Quintela, responsable da Unidade de Investigación Clínica de Cancro de Mama do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO). Ambos recibirán unha axuda de 20.000 euros para desenvolver o seu traballo, así como unha visita aos centros de investigación da multinacional AstraZeneca.

    Fonte: La Voz de Galicia

Pe de paxina