29/08/16 - A dotación da convocatoria ascende a 3.250.000 euros

FECYT convoca as axudas para o fomento da cultura científica 2016

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), dependente do Ministerio de Economía e Competitividade, abriu o pasado 26 de xullo a convocatoria de axudas para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación 2016 cun orzamento máximo de 3.250.000 euros, a mesma contía que o ano pasado. O obxectivo é financiar proxectos de divulgación e comunicación da ciencia que acheguen a investigación, a tecnoloxía e a innovación aos cidadáns.

    A presentación das solicitudes realizarase a través do sistema telemático de participación dispoñible na web www.convocatoria.fecyt.es desde o 26 de xullo até as 13:00 horas (hora peninsular española) do 5 de outubro de 2016.

    Que se financia?

    A convocatoria para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación 2016 conta con tres liñas de actuación, dividida cada unha delas en varias modalidades, que engloban todas as actividades financiables: Cultura científica, tecnolóxica e da innovación, Creatividade e vocacións científicas e Redes de divulgación e comunicación da ciencia e a innovación. Este ano priorizaranse aqueles proxectos que divulguen os resultados de investigacións levadas a cabo por científicos/as españois ou que desenvolvan a súa actividade no noso país.

    Como na pasada edición, é necesario un resumo en inglés dentro da documentación a achegar para a posible difusión internacional dos proxectos financiados pola convocatoria. FECYT, ademais do financiamento económico, facilitará a súa colaboración para obter patrocinio adicional de axentes públicos ou privados para a divulgación da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

    Fonte: FECYT

Pe de paxina