12/07/16 - Grazas ao grupo Xuvenciencia da USC

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Catro estudantes galegos participan na Universidade Júnior de Porto "Verâo em Projeto"

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O grupo Xuvenciencia do Campus Terra da USC financia a participación de catro estudantes preuniversitarios procedentes de diferentes centros educativos de Lugo, Vilalba, Ourense e Vigo na Universidade Junior de Porto, unha das máis importantes e prestixiosas universidades para nenos e mozos de Europa, con máis de 5.000 participantes cada ano e centos de proxectos cuxa temática abrangue todas as áreas do coñecemento.

     
    Os catro estudantes galegos que participan desde hoxe ata o 15 de xullo no programa da Universidade Junior de Porto ‘Verâo em Projeto’, Ana Acosta Veiga, do Colexio Mariano de Vigo; Victoria Díaz Paderne, do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba; Adriana Moreiras Blanco, do Colexio Maristas de Ourense, e Darío Pérez Céspedes, do Colexio San José de Lugo, obtiveron praza para gozar desta experiencia preuniversitaria na Universidade Junior de Porto durante a súa estadía do Campus de Verán Xuvenciencia 2016, celebrado durante a última semana de xuño no Campus Terra da USC.

    Fonte e máis información: Xornal da USC
Pe de paxina