05/07/16 - Estará adscrita ao Campus Terra e dirixida por Ángeles Romero

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

A USC e a panadería Da Cunha crean a cátedra do pan e do cereal

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A USC e a empresa Panadería Da Cunha promoven a creación da Cátedra do Pan e do Cereal, unha iniciativa orientada á investigación, o fomento da docencia e a difusión de coñecementos nos ámbitos do pan e do cereal. O reitor da USC, Juan Viaño Rey, e Manuel Da Cunha Pereira, conselleiro e administrador da empresa Panadería Da Cunha SL, asinaron este luns en Lugo o convenio específico a través do que a institución académica e a empresa con sede en Carral (A Coruña) formalizan a constitución dunha cátedra que ten como interese prioritario o fomento do pan e do cereal e que estará dirixida pola catedrática da área de Tecnoloxía de Alimentos e profesora na Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC, Ángeles Romero Rodríguez.

    Fonte e máis información: Xornal da USC

Pe de paxina