01/07/16 - Un material didáctico de grande utilidade para o ensino

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Profesores da USC publican en galego a nomenclatura de Química Inorgánica

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Os profesores do Departamento de Química Inorgánica da Facultade de Química da USC Ana M. González Noya e Manuel R. Bermejo veñen de publicar a Guía Breve para a Nomenclatura en Química Inorgánica . Trátase da versión galega das normas oficiais da IUPAC (International Union of Pure and Applied Chemistry), un documento que proporciona un esquema das regras de nomenclatura esenciais para elaborar nomes e fórmulas de compostos inorgánicos,  de compostos de coordinación e de compostos organometálicos.

    A guía, de grande utilidade como material didáctico tanto en ensinanza secundaria e bacharelato como na universidade, pódese descargar de balde dende o enlace da Real Sociedad Española de Química, organismo responsable da revisión e aprobación desta versión galega.

    Fonte: Xornal da USC

Pe de paxina