28/06/16 - Grazas á colaboración entre a ANPA do IES Rosalía de Castro e a USC

Alumnado de secundaria participa nun campus científico na USC

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A ANPA do IES Rosalía de Castro en colaboración coa Universidade de Santiago organiza esta semana un campus científico no que estudantes de 3º e 4º da ESO participan en diversas actividades coa fin de que coñezan e traballen na contorna universitaria. 

    O vicerreitor de Comunicación da USC, Xosé Pereira, inaugurou esta mañá o Campus STEM na Facultade de Bioloxía, onde continuaron cun experimento sobre os microbios (cuxos resultados coñecerán o venres) e asistiron a unha charla sobre solos.

    Nas seguintes xornadas participarán nunca xincana de química, nun roteiro histórico e paisaxístico pola cidade e experimentos físicos, sobre intelixencia artificial a través dos algoritmos evolutivos e sobre tratamento de augas residuais.

    Fonte: Xornal da USC

Pe de paxina