28/06/16 - Este proxecto europeo está dirixido pola área de e-learning do CESGA

ICT-Go-Girls!, entre as mellores prácticas europeas para promover carreiras TIC entre as mozas

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Na recente conferencia Digital Festival 2016 organizada en Bruxelas polo Forum Europe, o comisario europeo de Educación, Cultura e Deportes, Tibor Navracsics, mencionou o proxecto  educativo ICT-Go-Girls! como un exemplo destacado no fomento das vocacións tecnolóxicas entre as mozas.

    ICT-Go-Girls! Promoting Entrepreneurship Among Secondary School Girls through ICT é un innovador proxecto Comenius Multilateral dirixido pola área de e-learning do CESGA e no que participou o Grupo de Investigación en Tecnoloxía Educativa da USC xunto con outras cinco institucións europeas: Die Berater e Universidade do Danubio (Austria), Fraunhoffer IAO (Alemaña), Spoleczna Akademia Nauk (Polonia), e CVO Antwerpen (Bélgica). 

    A USC e o Cesga continúan promocionando e participando en accións para motivar a elección de carreiras tecnolóxicas entre as máis novas. Entre outras  actividades figura a organización anual do evento ‘Girls in ICT’ en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e o CPEIG ou a recente proposta ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’ en colaboración co Concello de Santiago.

    Fonte: Xornal da USC

Pe de paxina