22/06/16 - A través dos programas Todocosmos e as visitas astronómicas ao Gaiás

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller intensifica a súa actividade durante o verán

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) intensificará as súas actividades ao longo de verán co desenvolvemento de TodoCosmos, financiado por FECYT-Ministerio de Economía e Competitividade, e do programa Visitas Astronómicas en colaboración coa Cidade da Cultura, en ambos os dous casos entre os meses de xullo e setembro.

    No caso de TodoCosmos, esta é unha iniciativa do propio Observatorio Astronómico financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT)-Ministerio de Economía e Competitividade que levará múltiples actividades en forma de sesións nocturnas de observación, obradoiros e xornadas de divulgación a diversos lugares da xeografía galega, así como aos quince concellos que participan na iniciativa este ano. Nesta edición colaboran no desenvolvemento de TodoCosmos Allariz, Ames, Boqueixón, Lalín, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Rianxo, Ribadeo, Santiago, Sanxenxo, Teo, Vedra e Vila de Cruces. Podes consultar o calendario na web de TodoCosmos.

    O equipo que se encargará das actividades está composto polo director de TodoCosmos e do OARMA, José Ángel Docobo, Pedro Pablo Campo Díaz, José Ramón González Romay, María Brea Mato e Jorge Gómez Crespo.

    Fonte: Xornal da USC

Pe de paxina