21/06/16 - Organizado pola Universidade de Santiago de Compostela

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Estudantes de Ribeira gañan o concurso de modelado 3D con teléfonos móbiles

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O equipo Aspaveres da localidade coruñesa de Ribeira, gañou a cuarta edición do D3Mobile Metrology World League, un campionato de modelado 3D de precisión con teléfono móbil, convocado polo grupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, que conta con financiamento de FECYT.

    O equipo salvadoreño BLACK RANGERS, do Colexio Español Padre Arrupe de San Salvador e o equipo Awawa69 do IES Aguilar y Cano de Estepa (Sevilla) proclamáronse subcampión e terceiro clasificado respectivamente deste torneo, unha experiencia educativa pioneira a nivel mundial dirixida a novas promesas STEM (do inglés Science, Technology, Engineering & Mathematics), en cuxa edición 2016 tomaron parte 1.348 alumnos e 249 profesores de 223 centros educativos de 37 países de todo o mundo.

    Os gañadores elaboraron o modelo 3D dun tipo de zapatilla moi de moda entre os escolares, un obxecto que xa foi modelado en 3D por outros participantes varias edicións anteriores e que se está convertendo xa nun clásico do campionato.

    Cada alumno deste equipo recibirá un premio tecnolóxico e o centro ao que pertencen, que conseguiu tamén o primeiro premio por equipos, equipamento de laboratorio, unha subscrición á revista Educación 3.0 e esta zapatilla autografiada por Pau Gasol, que apoiou con esta doazón a presente edición do campionato, uníndose así a Rafa Nadal, Iker Casillas e Máverick Viñales, que fixeron o propio no tres edicións anteriores con estes agasallos autografiados.    

    Mulleres científicas/tecnólogas na arquitectura e enxeñaría


    A presente edición do campionato contribuíu a sensibilizar a todos os participantes no papel que xogou e xoga a muller na enxeñaría e a arquitectura, co premio D3MOBILE-FUNDACIÓN MULLERES, ao que optaban aqueles equipos que seleccionasen para modelar en 3D un obxecto representativo dunha científica/tecnóloga de éxito nos campos da enxeñaría e/ou a arquitectura.

    O premio foi para o equipo Funguys do CPI A Xunqueira da localidade coruñesa de Fene (A Coruña), formado polos alumnos Tatiana Luaces Fraga, Javier Calvo Rei, Adrián Fonticoba Balado e Saray Fernández López, coordinados pola profesora Blanca López Moreno, cun Modelo 3D sobre Anna Keichline, arquitecta norteamericana e inventora do ladrillo K-Brick.

    Clausura e entrega de premios

    A cuarta edición do D3 Mobile Metrology World League, na que tamén colaboran o Centro Español de Metrología (CEM) e o Instituto Geográfico Nacional (IGN-CNIG) chegará á súa clausura o vindeiro mércores 29 de xuño coa xornada de entrega de premios aos equipos galardoados.

    A cerimonia de entrega de premios desenvolverase a partir das 12.00 horas no salón de actos da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da USC no marco dunha xornada que comezará ás 10:30 e durante a que os asistentes poderán realizar visitas guiadas a distintas instalacións e laboratorios de investigación do centro universitario lucense. O público que desexe asistir a estas actividades, pode porse en contacto previamente coa organización no mail d3mobile@usc.es. A entrada á entrega de premios é libre.

    Fonte: FECYT

Pe de paxina