20/06/16 - É profesor de Química Orgánica na UDC

O profesor Jaime Rodríguez, premio á innovación na investigación en Química

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O profesor da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña Jaime Rodríguez González acaba de recibir o Premio GEPRONAT 2015 á Innovación en investigación en Química de produtos naturais, pola Real Sociedad Española de Química.
    A entrega do premio realizouse dentro da XXVI Reunión Bienal de Química Orgánica da Real Sociedad Española de Química que se está a celebrar estes días en Punta Umbría, en Huelva.
    Jaime Rodríguez González é profesor Titular de Química orgánica e coordinador do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas, CICA, da UDC.

    Fonte: UDC

Pe de paxina