20/06/16 - Elaborado polo INCIPIT e editado por Xerais

O CSIC presenta o "Atlas arqueolóxico da paisaxe galega"

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), presentou o pasado xoves, 16 de xuño, o Atlas arqueolóxico da paisaxe galega, na Delegación Institucional do CSIC en Galicia, en Santiago de Compostela. A obra presenta, a través de máis de 300 páxinas e 18 láminas, as diferentes formas de paisaxe que se sucederon en Galicia desde o Neolítico até o Medievo. O libro, que xa está nas librarías, está publicado por Edicións Xerais de Galicia.

    O libro aborda o estudo da construción sociocultural da paisaxe en Galicia, centrándose no catro principais tipos de paisaxe que a arqueoloxía pode axudar a identificar e caracterizar: fósil, continuo, asociativo e enterrado. Así, por exemplo, presta atención á paisaxe megalítica do Barbanza, á paisaxe de terrazas do monte Gaiás (Santiago de Compostela) ou á paisaxe simbólica da parroquia de Cereza (Pobra de Brollón), entre outros. 

    Fonte e máis información: CSIC

Pe de paxina