14/06/16 - Polo mellor artigo científico publicado en 2015 por unha doutoranda

A investigadora Noelia Casanova recibe o premio SUSCHEM Predoc Mestrelab

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A plataforma tecnolóxica de Química Sostible SusChem España concedeulle á investigadora do CiQUS da USC Noelia Casanova o premio Predoc-MestreLab 2016 ao mellor artigo científico publicado en 2015 por un/unha estudante de doutoramento. O traballo que lle valeu o premio foi publicado na revista Angewandte Chemie baixo o título “Rhodium-Catalyzed (5+1) Annulations Between 2-Alkenylphenols and Allenes: A Practical Entry to 2,2-Disubstituted 2H-Chromenes”(link is external). Nel describe unha nova maneira de sintetizar derivados de cromenos utilizando sustancias de partida sinxelas e permitindo o uso de disolventes sen secar e ao aire.

    O obxectivo dos Premios SusChem Novos Investigadores é recoñecer o labor de investigadores menores de 40 anos no ámbito da química en España mediante o apoio, promoción e estimulación da súa actividade científica e divulgativa.

    Fonte: Xornal da USC

Pe de paxina