13/06/16 - Na final internacional do concurso de monólogos científicos Famelab

A bióloga coruñesa Alba Aguión queda subcampioa mundial de monólogos científicos

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A bióloga Alba Aguión Tarrío quedou subcampioa na final do concurso Famelab celebrado o 9 de xuño pasado en Cheltenham (Reino Unido). Na final Alba presentou un novo monólogo "En defensa das cigarras" traducido tamén ao inglés (ver https://youtu.be/_WgoE3JApn4) co que conseguiu o segundo posto que comparte coa representante de Catar, Aida Rafat. O gañador foi o malasio Abhi Veerakumarasivam cun monólogo sobre o cancro. O premio do público foi para o chipriota, Constantinos Timinis.

    Alba naceu na Coruña hai 26 anos e estudou Bioloxía cunha dobre especialidade (Bioloxía Mariña e Bioloxía Animal) ademais dun máster en Ecoloxía. Actualmente reside en Plymouth (Reino Unido) e traballa en Education through Expeditions, unha compañía fundada polo explorador británico Antony Jinman, que lle permite visitar centros educativos en Inglaterra contando a súa experiencia como científica no Ártico, ademais de liderar actividades e experimentos que introducen aos estudantes na ciencia e/ou as Rexións Polares.

    En España, Famelab está organizado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e o British Council, coa colaboración da Obra Social "La Caixa".

    Pódese ver a final en: https://www.youtube.com/watch?v=oXJp2jsV_fw

    Fonte: FECYT

Pe de paxina