02/06/16 - Polo desenvolvemento de próteses avanzadas para persoas amputadas

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

O enxeñeiro estadounisense Hugh Herr gaña o Premio Princesa de Asturias de Investigación

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Hugh Herr, enxeñeiro e biofísico do Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT), é o novo Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica. O xurado valorou a súa contribución ao desenvolvemento de sistemas robóticos para mellorar a capacidade física do ser humano.

    Herr, de 51 anos e nado en Pensilvania (EE.UU), dirixe o Biomechatronic Group no Media Lab do MIT, onde desenvolveu as que foron cualificadas como "as próteses máis sofisticadas do mundo".

    Á idade de 17 anos, Hugh Herr sufriu a amputación de ambas pernas por baixo do xeonllo, tras a conxelación dos seus membros durante unha ascensión de montaña. Como consecuencia desta experiencia, dirixiu o seu esforzo e talento a tratar de mellorar a mobilidade das persoas con discapacidade. Mesmo el mesmo deseñou unhas pernas especiais que lle permiten seguir practicando a escalada.

    O xurado destaca as novas liñas de investigación abertas por este biomecánico, que deron lugar a unhas próteses "intelixentes" que aceleran a fusión entre o corpo e a máquina.

    Os seus métodos abarcan un conxunto de disciplinas científicas e tecnolóxicas, desde a ciencia biomecánica e do control dos movementos biolóxicos até o deseño de dispositivos biomédicos.

    Fonte e máis información: Axencia SINC

Pe de paxina