31/05/16 - Segundo un estudo da Pompeu Fabra de Barcelona

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Os museos e feiras de ciencia son beneficiosos para as cidades e a educación

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Universidade Pompeu Fabra (UPF) levou a cabo un estudo que indica que os museos e feiras de ciencia teñen claros efectos positivos a longo prazo, tanto nos seus visitantes como nas cidades nas que se sitúan. O traballo foi realizado en seis cidades españolas nas que se analizaron iniciativas de cultura científica como museos de ciencia, planetarios, feiras de ciencia, etc..

    A investigación estivo dirixida por Gema Revuelta, directora do Centro de Estudos de Ciencia, Comunicación e Sociedade da UPF. O seu financiamento correu a cargo da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

    A contribución dos museos e feiras ao sistema educativo da cidade (e das cidades da súa contorna) na etapa escolar, o impacto na identidade e imaxe da cidade e a contribución á oferta cultural e de lecer, son algúns dos beneficios máis obvios, segundo o traballo. Tamén funcionan como un medio de información para o cidadán sobre cuestións de ciencia, agregan os autores.

    Fonte: Axencia SINC

Pe de paxina