27/05/16 - Na categoría de novos investigadores

A Real Sociedade Española de Química premia ao investigador Martín Fañanás

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Real Sociedade Española de Química (RSEQ) recoñece o investigador Ramón y Cajal da USC Martín Fañanás cun dos seus premios anuais na categoría de novos investigadores, que recoñece de maneira preferente as traxectorias profesionais apuntando cara o liderado científico na súa área. O seu traballo de investigación céntrase no desenvolvemento de novas metodoloxías catalizadas por complexos de metais de transición que permitan levar a cabo transformacións sustentables e de alta eficiencia atómica, orientadas á formación enantioselectiva de ligazóns C-C e a activación e funcionalización de alcanos, así como á síntese de compostos de fósforo con interese biolóxico. A concesión do premio supón un novo éxito na carreira de Fañanás engadido a logros previos, entre os que destacan o Thieme Chemistry Journal Award 2015 ou a recente obtención dunha das prestixiosas axudas da Fundación BBVA a investigadores e creadores culturais.

    Fonte: Xornal da USC

Pe de paxina