18/05/16 - Organizado por FECYT e o British Council

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

A bióloga galega Alba Aguión gaña a cuarta edición de Famelab España

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A bióloga Alba Aguión Tarrío, de 26 anos, alzouse co título de gañadora de Famelab España 2016. Aguión impúxose ao resto de participantes co monólogo "A intelixencia do formigueiro" no que explicaba o asombroso mundo da organización das formigas.
    S.M. a Raíña Dona Letizia fíxolle entrega dun "simbólico billete" que a vai levar a representar a España na final internacional de monólogos científicos do Cheltenham Science Festival o vindeiro mes de xuño.
    Famelab é o maior concurso internacional de monólogos científicos que organizan no noso país a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) e o British Council, coa colaboración da Obra Social "La Caixa".

    Fonte: FECYT

Pe de paxina