06/04/16 - Con formato de blogue de actualización semanal

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

O programa de radio Efervesciencia intégrase no portal de ciencia GCiencia

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O programa de radio Efervesciencia pasará a emitirse a partir de hoxe a través do portal da ciencia galega GCiencia, co formato dun blogue de actualización semanal, no que se incluirán os podcasts dos distintos programas.

    Efervesciencia, nado en outubro de 2006, é un dos programas de divulgación científica máis veteranos do dial en toda España. En 2013 recibiu o Prisma Casa das Ciencias, o mais importante galardón de divulgación concedido polos Museos Científicos Coruñeses e foi escollido como Práctica inspiradora en Cultura Científica por FECYT. Tamén mereceu en dúas ocasións o Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación da Xunta de Galicia. Na actualidade Efervesciencia é producido pola Universidade de Santiago de Compostela grazas ao patrocinio de Fecyt e emítese na Radio Galega os domingos ás tres da tarde.

     

    GCiencia é pola súa banda o medio de comunicación de referencia da ciencia e a tecnoloxía galegas e a súa misión é divulgar entre o público en xeral a ciencia e a tecnoloxía que se desenvolven en Galicia.

    Fonte: GCiencia

Pe de paxina