05/04/16 - Sobre medio ambiente

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

A USC e o Concello de Santiago desenvolverán actividades conxuntas de divulgación científica

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A USC e o Concello de Santiago veñen de asinar un convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto de actividades de divulgación científica sobre medio ambiente. O Museo de Historia Natural da USC (MHN) e a Concellería de Medio Ambiente e Convivencia serán a partir de agora os responsables de desenvolver as distintas actividades e iniciativas que se acorden levar a cabo nos vindeiros dous anos. Esta colaboración incluirá a elaboración e execución conxunta de proxectos sobre medio ambiente, especialmente no ámbito da divulgación científica, así como actividades de educación ambiental e aquelas de carácter conmemorativo que pretende chamar a atención sobre temas e datas de relevancia nacional ou internacional como o día da árbore ou o ano internacional dos legumes en 2016, nos vindeiros dous anos.

    Fonte: Xornal da USC

Pe de paxina