04/04/16 - A través de contacontos, obradoiros e charlas

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

A ciencia protagoniza un ano máis a Feira do libro infantil e xuvenil de Pontevedra

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O pasado venres, 1 de abril, arrincou en Pontevedra o XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que este año leva por título ¡Canta bichería!. Os centros e a delegación do CSIC en Galicia participan no evento, por segundo ano consecutivo, cun programa de actividades que se propón achegar a ciencia á sociedade a través da lectura e da literatura. Ademais, as empresas Van Divulgación Cultural e Ceo Aberto organizan obradoiros e roteiros con contido científico. As propostas están dirixidas tanto a centros escolares e docentes como ao público familiar.

    O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedrá celébrase do 1 ao 23 de abril no Pazo da Cultura desta localidade. O programa de actividades, máis de 300, desenvolveráse de luns a venres en horario de mañá para centros escolares de Galicia e en horario de tarde (de 17:00 a 20:00) para o público xeral. Os sábados, domingos e festivos o horario será de 11:00 a 14:00 e de 17.00 a 20:00.

    Máis información: http://www.pazodacultura.org/gl-ES/salon-do-libro/2016.aspx

Pe de paxina