31/03/16 - O concurso de monólogos científicos que organiza FECYT

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

A bióloga Alba Aguión chega á final de Famelab

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A bióloga coruñesa Alba Aguión está xa na final de Famelab, o concurso internacional de monólogos científicos que organiza a Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT). A súa peza ‘En defensa das chicharras’ é unha parodia da fábula grega da chicharra e a formiga, desde unha perspectiva zoolóxica.

    Alba Aguión é licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago e desde setembro de 2014 reside no Reino Unido, onde cursou un máster en Ecoloxía na cidade de York. Actualmente traballa para a compañía Education Through Expeditions (ETE) con sede en Plymouth e o seu traballo consiste en visitar centros educativos en UK realizando obradoiros sobre o Àrtico e a ciencia polar.

    Fonte e máis información: GCiencia

Pe de paxina