30/03/16 - Autofarm, MD.USE Innovative Solutions e SetPay

Tres proxectos innovadores gañan a II edición da Galicia Open Future

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Un software de control de granxas, un novo método de pago con tarxeta e un simulador de experimentos son os gañadores da II edición de Galicia Open Future, o programa de aceleración de empresas de Telefónica e Xunta de Galicia. Tras varios meses de aceleración no centro de emprendemento galego, as iniciativas Autofarm, MD.USE Innovative Solutions e SetPay foron elixidos como os tres proxectos gañadores desta segunda edición.

    Como premio, os tres gañadores recibirán unha axuda de 25.000 euros da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, coa que poderán continuar o desenvolvemento do seu proxecto. Ademais, estas tres startups poderán acceder a un préstamo reembolsable de XesGalicia doutros 25.000 euros.

    Fonte e máis información: GCiencia

Pe de paxina