30/03/16 - Da man dos científicos Jorge Mira e José Edelstein

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

A divulgación científica estará presente na Feira do Libro de Bos Aires 2016

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A cultura e a produción literaria galegas serán as protagonistas da Feira Internacional do Libro de Buenos Aires 2016 cun programa de preto de 150 actividades que difundirán o sector editorial de Galicia a través deste evento de referencia internacional. Coincidindo coa cuadraxésimo segunda edición da feira, que ten como cidade convidada a Santiago de Compostela, a capital arxentina acollerá do 21 de abril ao 9 de maio un programa de actividades amplo e diverso promovido pola Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, no que participarán algunhas das voces actuais máis representativas das letras galegas. Entre elas non faltarán dous divulgadores científicos, os físicos da Universidade de Santiago de Compostela, Jorge Mira e José Edelstein.

    Fonte: O portal da lingua galega

Pe de paxina