22/03/16 - Agora levarán os seus proxectos a Francia e a Brasil

Os alumnos de Aulas Tecnópole impóñense no certa Exporecerca Jove

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Os alumnos e alumnas das Aulas Tecnópole fixéronse esta fin de semana no maior certame científico de España, a Exporecerca Jove, co primeiro e o terceiro premio, ademais dun accesit. Isto levaraos á principal feira científica de Europa e a un dos eventos de referencia neste eido en Latinoamérica. A eles sumáronse, co segundo premio, os gañadores da Galiciencia 2015, estudantes de Biscaia, que viaxarán tamén a Brasil para presentar o seu proxecto. Todos eles competían con 110 proxectos de nove nacionalidades.

    As Aulas Tecnópole, o programa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, amplían así o seu historial de recoñecementos ao longo dos últimos anos, que levaron aos seus alumnos e alumnas a certames en Los Ángeles, Eslovaquia e Ámsterdam, entre outros.

    Fonte e máis información: Tecnópole

Pe de paxina