14/03/16 - As irmás Jimena e Elisa Fernández de la Vega Lombán

Filman un documental sobre as primeiras licenciadas en Galicia

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Fundación TIC, en colaboración co IES Lucus Augusti de Lugo, presentaron con motivo dos actos organizados polo Concello de Lugo polo Día Internacional da Muller o documental sobre a vida e traxectoria das irmás Jimena e Elisa Fernández de la Vega Lombán, as primeiras mulleres que se licenciaron en Galicia. 

    O documental, titulado 120 anos do nacemento das irmás Fenández de la Vega, fai un percorrido pola vida e traxectoria das primeiras médicas galegas, a través do relato de familiares e investigadores das Universidades de Santiago de Compostela e da Coruña.

    As irmás, xemelgas, ingresaron na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela en 1913, tres anos despois da aprobación do Real Decreto do 8 de marzo que permitía o acceso da muller á universidade. Pese a sufrir discriminación por ser mulleres, obtiveron os mellores expedientes da súa promoción e foilles outorgada a Cruz de Alfonso XIII.

    Fonte: GCiencia

Pe de paxina