14/03/16 - O programa de divulgación do Observatorio Astronómico da USC

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Todocosmos organiza observacións astronómicas en varias vilas

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Enmarcadas no programa de divulgación científica TodoCosmos da USC, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago ten programadas por varias vilas galegas toda unha serie de observacións astronómicas dirixidas ao público en xeral. Quen se achegue poderá observar a lúa en crecente, a nebulosa de Orión, o planeta Xúpiter ou estrelas dobres.

    O pasado venres 11 ás 20.15 horas no Observatorio de Lalín tivo lugar unha destas observacións, e ás 20.30 no Paseo Fluvial de Bertamiráns. O sábado 12 a sesión de observación foi ás 20.30 horas na Praza Maior de Allariz e o domingo 13 á mesma hora nas pistas de tenis do paseo marítimo de Noia. O luns 14 esta actividade terá lugar a partir das 20.00 horas na parroquia de Santa Cruz de Montaos (Ordes) e o martes ás 21.00 horas en Portonovo.

    Ademais destas sesións públicas por diferentes vilas galegas, o Observatorio Astronómico da USC organiza outras o luns 14 e o martes 15 ás 21.00 horas na súa propia sede en Santiago enmarcadas no seu Programa de Extensión Cultural de Astronomía.

    Charlas didácticas
    O programa TodoCosmos, que conta co financiamento da Fecyt, contempla ademais a próxima semana diversas charlas didácticas. A primeira será o martes 15 ás 17.00 horas no IES Baltar de Portonovo, para continuar o mércores 16 con outra ás 11.30 no Instituto Manuel Murguía de Arteixo. 

    Completan a semana unha charla o xoves ás 11.00 horas no CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces e o venres á mesma hora no CEIP Cerdeiriñas de Piloño da mesma vila.

    Fonte: Xornal da USC

Pe de paxina