02/03/16 - Pola súa traxectoria e defensa da igualdade de xénero

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

A catedrática de Economía Coral del Río recibirá o premio Ernestina Otero 2016

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Coral del Río é catedrática do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo; editora asociada da revista Feminist Economics; integrante do Comité Científico da revista Hacienda Pública Española /Review of Public Economics; e  primeira directora da Unidade de Igualdade da Universidade. A ampla experiencia docente e investigadora e o seu compromiso na defensa da igualdade valéronlle ser elixida polo Consello Municipal da Muller do Concello de Vigo para o Premio Ernestina Otero 2016. A docente recibirá o galardón o vindeiro 11 de marzo, no marco dos actos que o Concello de Vigo organiza para celebrar o Día Internacional das Mulleres.

    Fonte: DUVI

Pe de paxina