26/02/16 - Foi aprobado polo Consello de Goberno

A UDC potenciará a divulgación científica e tecnolóxica

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Consello de Goberno da Universidade da Coruña celebrado onte, 25 de febreiro de 2016, deu a súa aprobación ao novo Regulamento da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, co obxectivo, segundo explicou o reitor, Julio Abalde, de “potenciar e afianzar esta canle de comunicación de forma estable”.
    O novo pulo da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, que naceu como unha contribución da universidade á alfabetización científica e tecnolóxica da sociedade, fará que se coordinen as distintas actividades universitarias e se implique máis a Universidade nas cidades da Coruña e Ferrol. “É labor da Universidade informar á cidadanía de temas científicos e tecnolóxicos de forma comprensible, ademais de loitar contra a pseudociencia existente”, xustificou o reitor.

    Fonte: UDC

Pe de paxina