25/02/16 - Do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e financiado por FECYT

Preséntase o proxecto de divulgación da seguridade alimentaria "Cociñaconciencia"

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Esta mañá presentouse en Vigo o proxecto preséntase en Vigo o proxecto sobre seguridade alimentaria "COCIÑAconCIENCIA". Trátase dun proxecto de divulgación científica do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), liderado polo grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños do Instituto de Investigacións Mariñas, financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Economía e Competitividade, co apoio da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia. Tamén colaboran co proxecto Concello de Vigo, Afundación e GADISA.
     
    O principal obxectivo do proxecto é transmitir aos cidadáns prácticas seguras para evitar os riscos máis habituais en seguridade alimentaria no ámbito doméstico, a través da celebración de tres show cookings científicos da man do prestixioso cociñeiro Pepe Solla.
     
    Os show cookings terán lugar en Vigo en marzo, abril e outubro e darán lugar a varios audiovisuais que se difundirán en diferentes soportes así como na páxina web do propio proxecto.

    Fonte: Delegación do CSIC en Galicia

Pe de paxina