23/02/16 - Na terceira edición do certame de robótica

O colexio Os Dices de Rois gaña o First Lego League

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O equipo de robótica TecnoRois 5 do Centro Público Plurilingüe Integrado (CPPI) de Os Dices (Rois) gañou a pasada fin de semana na Coruña a terceira edición do torneo rexional da First Lego League Galicia, celebrado na Facultade de Informática da universidade coruñesa. Agora pasan á competición a nivel estatal, que se celebrará en Xirona en marzo.

    A proba consiste no deseño, construción e programación dun robot coa tecnoloxía Lego, que debe superar unha serie de probas nun circuíto e realizar un proxecto científico, nesta edición o desafío era facer unha proposta para mellorar a xestión dos residuos na actualidade.

    O equipo estaba formado por cinco alumnos de terceiro curso de ESO de 14 e 15 anos, ademais o seu profesor de Tecnoloxía Javier Méndez.

    Fonte: GCiencia

     

Pe de paxina